Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Alzheimer

VI Festival do Humor a beneficio de AFAMO (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo)

Imagen
O pasado domingo tivo lugar no Auditorio Municipal de Cangas (Pontevedra) este evento cun interesante cartel por 12€, se ben non debemos esquecer que o obxectivo fundamental era a colaboración coa causa de  AFAMO . O Auditorio case se encheu, e como podedes ver, foi un festival adicado ó humor e ilusionismo en galego  con: -  Moncho Borrajo -  Luis Zahera -  Isabel Risco -  Pepo Suevos - e o novo ilusionista  Martín Varela . Tod@s eles colaboraron de xeito desinteresado a prol de recaudar fondos para axudar a que AFAMO poida seguir a traballar cos enferm@s de Alzheimer  e as súas familias, a labor que desenvolven neste eido, podedes coñecela mellor no enlace a súa web que sinalo enriba, se ben cabe destacar que procuran traballar favorecendo un envellecemento activo das persoas enfermas con actividades a domicilio, en grupo e no seu centro de día, tentando achegarse  e axudar a aquelas familias con menos medios. Como no...