MEXILONSETUITS, Festival e Concurso Social Media desde Galicia: aportando unha ollada diferente.

O pasado 9 de xuño tuvo lugar na vila de Bueu (Morrazo, Pontevedra), un importante evento relacionado co Social Media a nivel de Galicia, onde compañeir@s profesionais nestas andainas como @rodeiramar2a e @FECIMO, organizaban este acto, os Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais.
Nin que decir ten a boa acollida que tuvo o evento por parte de profesionais e aficionad@s do sector, semella que éramos unhas 200 persoas enchendo o salón de actos da Casa Social do Mar de Bueu.
O acto consistiu en primeiro lugar nunhas charlas ofrecidas por @rubenbaston sobre o que pode necesitar unha empresa ou institución nos Social Media, rematando polo mestre @serantes acerca das novidades tecnolóxicas que no sector da comunicación se aveciñan.
Despois comezou en sí a presentación dos finalistas en cada unha das 7 categorías establecidas,  e saber o gañador/a da man do mestre de ceremonias @josecomeefala, Jose Manuel García, locutor da Radio Galega, acompañado por algúns membros do xurado.
Como non puiden sacar boas fotos dentro do acto, de novo os remito a súa páxina web, onde podedes consultar os traballos premiados, ademáis buscando en Twitter #Mexilonsetuits atoparedes a información de moitos compañeir@s tuiteros que fixeron crónica do evento nos seus blogs e o que falamos pola rede estes días, hasta eu inscribin o meu blog na categoría de mellor blog informativo/cultural.

Aproveitando para desvirtualizar colegas tuiter@s, como @Xavi_life.

Pareceume particularmente interesante, que chegase como finalista nunha das categorías o traballo de Sabor a vida, onde un grupo de profesionais da gastronomía xuntáronse e elaboraron un libro de recetas onde os beneficios obtidos dónanse a Asociación Española de Lucha contra o Cancro, ¡excelente iniciativa solidaria!

Fai un ano no anterior congreso de Xerontoloxía e Xeriatría en Santiago, presentaba eu unha Comunicación Oral Social onde unha parte versaba sobre a presencia de entidades sociosanitarias (residencias, centros de día) desde Galicia nas redes Facebook, Twitter e Youtube, o resultado foi do mas pobre...e iso só valorando presencia, xa non digamos si o facemos da calidade do traballo...
Esta valoración pode extenderse en xeral ós servicios sociais e sociosanitarios nas redes sociais e blogs desde Galicia; por iso, e xa que un dos obxectivos deste Festival é darlle un empurre a actividade Social Media desde a nosa comunidade autónoma , propoño á organización que en próximas edicións valoren si non entrar a concurso, sí polo menos facer unha Mención Especial para aquel traballo que desde o Tercer Sector (asociacións, fundacións, ONG,s), Administración ou empresa estén a traballar nun proxecto solidario interesante, valorando quizás non tanto a súa calidade técnica, senon tamén a súa mensaxe cara a sociedade e esforzo utilizando os medios dixitais, no campo por exemplo dos servicios de saúde, poboación en risco de exclusión social ( discapacidade, maiores, inmigrantes, menores, mulleres maltratadas, drogodependencias...), cooperación ó desenvolvemento con terceros países, etc.
 ¡Penso ademais que sería unha estupenda acción de RESPONSABILIDADE SOCIAL por parte da organización e que tería moi boa acollida entre o público!

Ricos postres  para rematar a comida na Lonxa de Bueu

Algúns destes exemplos xa os podedes atopar en Twitter: @XenteconVida, @ASOCIACIONBERCE, @FaibenFundacion, @COGAMI_Galicia, @AfagaVigo...
Blogs como Cuidados profesionales a mayores (empresa de axuda a domicilio), http://centrodediaatalaia.blogspot.com.es/ (como actividade de estimulación cognitiva cos usuari@s), etc.
¡Ahí queda iso!

P.D.: para os que me seguides e non sodes tuiter@s, sempre que aparece o símbolo "@" mais un nome trátase de cómo se chama esa persoa en Twitter.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades intergeneracionales desde Creativo Rialdarca (Morrazo, Pontevedra)

Las cosas de Abuelopa

Máis que auga: ¡pensado para tí!