Novo portal sobre accesibilidade e produtos de apoio desde Galicia

A Secretaría Xeral de Política Social oferta este novo recurso que pretende promover redes de cooperación entre as persoas con discapacidade e/ou en situación de dependencia, que precisan de produtos de apoio, e as persoas que os ceden, as empresas, as entidades e os servizos sociais dos concellos.

SERVIZOS QUE OFRECE O PORTAL

-Proceso de consulta, prestación e demanda de produtos de apoio para as persoas usuarias.
-Dispoñibilidade de información de interese xeral: normativa, documentación e guías de boas prácticas.
-Servizo de asesoramento en materia de accesibilidade: preguntas frecuentes (CTA e plataforma) e asesoramento privado e personalizado.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

- Persoas que ceden os produtos e persoas demandantes
Rexistro para acceder ao servizo de mensaxería interna de cara a establecer contacto con aquela persoa cedente que teña o produto que interese, xestionándose deste xeito un servizo de axuda de comunicación que pode levar a un préstamo entre as persoas usuarias. A negociación do intercambio será totalmente privada e segura.
- Empresas
Disponse dun apartado destinado ás empresas especializadas na fabricación, deseño e venda de produtos de apoio. Este servizo está dispoñible de balde para toda compañía que queira publicar os seus produtos no catálogo, coa posibilidade de engadir a información que se considere oportuna.
- Entidades
Pódense rexistrar no servizo diferentes actores sociais:
-Servizos sociais dos concellos
-Entidades sociais: publicación de contidos e asesoramento.
-Universidades: publicación de proxectos de investigación.

SERVIZOS SOCIAIS DOS CONCELLOS

A Administración local dos concellos é a máis próxima á veciñanza, e polo tanto, os servizos sociais desta, ocuparán un lugar predominante, facendo de ponte entre o servizo e as demandas da cidadanía.
Desde estes departamentos poderase:
-Recompilar e xestionar as ofertas e as demandas de produtos de apoio no seu concello.
-Buscar información sobre accesibilidade e produtos de apoio
-Usar o servizo de asesoramento dispoñible no portal para consultas concretas da Administración e da cidadanía.
-Publicar información en calquera dos bloques de contido existentes no portal: normativa local, protocolos, ordenanzas etc.

EMPRESAS E ENTIDADES
As empresas poden:
-Difundir os seus produtos dentro do Catálogo de produtos de apoio.
-Responder ás mensaxes que as persoas demandantes fagan sobre os seus produtos.
As entidades poden:
Publicar información en calquera dos bloques de contido existentes no portal: normativa, boas prácticas, documentación, proxectos de investigación, preguntas frecuentes, etc.

ONDE SE PODEN SOLICITAR E OFRECER?
Na plataforma da páxina web: Productos apoio/accesibilidade
MÁIS INFORMACIÓN: no correo electrónico: autonomiapersoal.sxps@xunta.es

Comentarios

Entradas populares de este blog

Nueva vivienda comunitaria de Atendo y otras formas de convivencia

José Piñeiro o el sereno semblante de la "juventud acumulada"

Grupo de Mayores de Telefónica (GMT) de Pontevedra y Vigo