VI Festival do Humor a beneficio de AFAMO (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo)

O pasado domingo tivo lugar no Auditorio Municipal de Cangas (Pontevedra) este evento cun interesante cartel por 12€, se ben non debemos esquecer que o obxectivo fundamental era a colaboración coa causa de AFAMO.


O Auditorio case se encheu, e como podedes ver, foi un festival adicado ó humor e ilusionismo en galego  con:
Moncho Borrajo
Luis Zahera
Isabel Risco
Pepo Suevos
- e o novo ilusionista Martín Varela.


Tod@s eles colaboraron de xeito desinteresado a prol de recaudar fondos para axudar a que AFAMO poida seguir a traballar cos enferm@s de Alzheimer e as súas familias, a labor que desenvolven neste eido, podedes coñecela mellor no enlace a súa web que sinalo enriba, se ben cabe destacar que procuran traballar favorecendo un envellecemento activo das persoas enfermas con actividades a domicilio, en grupo e no seu centro de día, tentando achegarse  e axudar a aquelas familias con menos medios.

Como non podía ser doutro xeito, o inefable Moncho Borrajo, fixo de mestre de ceremonias, conductor do festival, showman, actor.., sen esquecer lembrarnos ós asistentes da causa que alí nos tiña e a necesidade de facernos soci@s da Asociación para contribuir á súa labor, non só participando coa cuota mínima de 10 €/ano, se non tamén polo apoio que lles supón como nº de soci@s para que señan tidos mais en conta pola Administración Galega...
Moncho, na súa liña, meteuse con tódolos que tiña que se meter: políticos, bancos, sindicatos, público... non deixa títere con testa, a súa retranca e sorna é ben coñecida polos seus seguidores, ¡ e a bofé que alí tiña moitos incondicionais,  ó público  estaba entregado!

Luis Zahera fixo un simpático monólogo recordando a serie "Los ángeles de Charlie" que moitos víamos de pequenos, este actor en Galicia fíxose moi coñecido a raíz do seu papel como "Petróleo" na serie da TVG "Mareas vivas", recordo que  fai uns anos tamén colaborou noutro evento a favor da Cruz Vermella de Carballo (A Coruña), onde eu traballaba entón.


Despois seguiron Isabel Risco, no seu papel de Nabiza Girl, desbrozadora aloucada, Martín Varela, mago en ciernes, quen con solo 16 anos xa apunta maneiras e encantou ó público cos seus trucos de ilusionismo; e teño que recoñecer que personalmente quen mas me divertiu, ¡foi o xenial Pepo Suevos e a súa defensa das lorzas e a gordura!
¡Dende logo, un auténtico espectáculo INTERXENERACIONAL, desde o experimentado Moncho ata o novo Martín!
Tamén houbo un momento para o recoñecemento da labor da Xunta Directiva da entidade e representantes políticos da zona.
Parabéns a AFAMO pola súa labor durante todo o ano e tamén por este evento, sei por propia experiencia o traballo que leva, e si normalmente neste tipo de entidades pode haber menos recursos económicos, ¡trabállase con moitas ganas e ilusións!

E xa para rematar, un saúdo especial a tódol@s galeg@s e que disfrutedes do noso día este xoves 17 DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano ó vigués Valentín Paz Andrade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Nueva vivienda comunitaria de Atendo y otras formas de convivencia

José Piñeiro o el sereno semblante de la "juventud acumulada"

Grupo de Mayores de Telefónica (GMT) de Pontevedra y Vigo